Sunday 28 de April de 2024

Cortes de tráfico mañá en Santa Icía con motivo da execución de traballos de aglomerado


O concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, informou que na xornada de mañá xoves haberá cortes de tráfico –establecéndose un paso alternativo- na avenida de Santa Icía a partir das 9.00 horas. O motivo é a execución dos traballos de aglomerado do tramo de vial comprendido entre as inmediacións do pavillón Campo da Serra e a rúa Finca Federico.
Así mesmo, tamén dende mañá ás 9.00 horas se cortarán ao tráfico rodado as rúas San Carlos, Estación e María Mariño, ata o remate das obras de aglomerado previstas na zona.
Dende o Concello solicítanse de antemán desculpas polas posibles molestias ocasionadas.